jueves, 6 de junio de 2024

Repetimos experiencia azul

 Un ano máis o noso alumnado de 5º puxo da súa parte para que teñamos areais máis limpos e para que o mar esté menos contaminodo.  Aquí os vemos o pasado 10 de maio na acitividade de Ceida Galicia @ceidagalicia recollendo o lixo.  

Pincha en ler máis para seguir lendo.





 

Despois dese traballo de limpeza seleccionamos algúns materiais e fixemos as nosas cianotipias. O sol non axudou moito e os tempos de expisición non foron suficientes pero aínda puidemos crear algúns traballos ben chulos. 

Baixo estas liñas tedes algunhas das montaxes expostas ao sol e algún dos resultados finais.

 

 

                                                                           

                     

 

                                                Citrato de amonio e rerricianuro de potasio







Esta é unha actividade que forma parte do proxecto @etwinning_“Green IES” en colaboración coa escola IES7 Scoala Gimnaziala nr.7 "Sfanta Maria", @ies7sfmaria en Timisoara ,Rumania.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Non vaias á praia ou ao parque sen un libro.

 Un curso máis que remata e aquí están as nosas recomendacións de lecturas para este verán. Xogade moito, lede moito e vémonos en setembro. ...